Axenda 2030
A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable é un compromiso global adoptado polos 193 Estados Membros da Organización das Nacións Unidas (ONU) en setembro de 2015. Define 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) e 169 metas concretas, orientadas a erradicar a pobreza, protexer o medio ambiente e garantir unha vida digna para todas as persoas antes do ano 2030.
Os ODS abranguen tres dimensións do desenvolvemento sustentable: económica, social e ambiental, e aplícanse tanto a países desenvolvidos como en desenvolvemento.
Entre os ODS atópanse:
- Fin da pobreza
- Fame cero
- Saúde e benestar
- Educación de calidade
- Igualdade de xénero
- Augua limpa e saneamento
- Enerxía accesible e non contaminante
- Traballo decente e crecemento económico
- Industria, innovación e infraestrutura
- Redución das desigualdades
- Cidades e comunidades sustentables
- Produción e consumo responsables
- Acción polo clima
- Vida submarina
- Vida dos ecosistemas terrestres
- Paz, xustiza e institucións sólidas
- Alianzas para acadar os obxectivos
Un dos principios reitores da Axenda 2030 é “Non deixar a ninguén atrás”, promovendo a inclusión e a equidade como piares do desenvolvemento.
A implementación dos ODS require a colaboración de gobernos, sector privado, sociedade civil e cidadanía, e cada país adapta os seus propios plans de acción. Para facer seguimento ao cumprimento, definíronse indicadores específicos para cada obxectivo e meta.
Se queres saber máis, podes consultar a Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable na web oficial das Nacións Unidas.
Descubre como podemos axudarche aquí.